Imputan un veciño de Meis por causar un incendio forestal ao lanzar cohetes de forma imprudente

O Salnés
28 de agosto 2013

No caso do concello pontevedrés, axentes da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra procederon a imputar a un veciño coma autor dun lume causado polo lanzamento imprudente de foguetes sen adoptar as medidas preventivas acordes á normativa para a realización da mesma

Uns homes lanzando foguetes PontevedraViva

A Policía Autonómica ven de informar da detención de tres persoas coma presuntos autores de incendios forestais en Pobra do Caramiñal (A Coruña), Meis (Pontevedra) e Barbadás, na provincia de Ourense.

No caso do concello pontevedrés, axentes da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra procederon a imputar a un veciño coma autor dun lume causado polo lanzamento imprudente de foguetes sen adoptar as medidas preventivas acordes á normativa para a realización da mesma.

O lume tivo lugar na parroquia de San Vicente de Nogueira, no concello de Meis o pasado día 22, resultando queimados 300 metros cadrados de monte arborado.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados.

Arquivado en