Impulsan a creación de 45 prazas de estacionamento público gratuíto en Moraña

Umia
05 de setembro 2024

O alcalde, Sito Gómez, anuncia o comezo do proceso de contratación para que esta importante actuación "orientada a ordenar e dar confortabilidade e servizos" a un lugar emblemático da trama urbana estea rematado ao longo do vindeiro ano
 

Proxecto de novo estacionamento en Moraña Concello de Moraña

O Concello de Moraña impulsa un proxecto para a creación dun aparcadoiro público e gratuíto e a reordenación de zona verde na contorna da rúa 6 e do edificio multiusos cun investimento de 160.602 euros. 

O novo aparcadoiro vai ocupar unha superficie de 25 por 45 metros e permitirá contar con 45 prazas de estacionamento público e gratuíto, das que dúas será adaptadas.

Así mesmo, crearanse carrís de circulación para facilitar o acceso a todo o recinto e dotaranse os correspondentes servizos de recollida de augas pluviais e alumeado público.

Desde o Concello destacan que se trata dun dos proxectos máis importantes do presente mandato para o casco urbano de Santa Lucía.

O alcalde, Sito Gómez, anunciou o comezo do proceso de contratación desta actuación, que está orientada a "ordenar este espazo da vila" e a "darlle confortabilidade, unha mellor imaxe e todos os servizos" a un lugar emblemático da trama urbana.

Ob, para que a obra estea rematada ao longo do vindeiro ano.

O proxecto vai estar cofinanciado con 44.436 euros do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. O resto será asumido por fondos municipais.

Afecta a un ámbito de actuación de 1.580 metros cadrados que na actualidade se emprega como aparcadoiro e para a celebración dos mercados e de eventos, pero do que se quere mellorar as súas condicións.