Impoñen traballos en beneficio da comunidade a un rapaz que rompeu os cristais do quiosco da praza da Liberdade

Pontevedra
14 de febreiro 2024

Os feitos ocorreron en setembro de 2022, cando un menor acompañado doutro inimputable por ter 14 anos, apedrearon e romperon dous cristais da fachada do quiosco da praza da Liberdade. Os danos foron valorados en 537 euros

Cafetería da Praza da Liberdade Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra vén de acadar un acordo no Xulgado de Menores polo apedreamento e rotura de dous cristais do quiosco da praza da Liberdade.

Os feitos ocorreron en setembro de 2022, cando un menor acompañado doutro inimputable por ter 14 anos, apedrearon e romperon dous cristais da fachada do quiosco da praza da Liberdade. Os danos foron valorados en 537 euros.

No acordo de conformidade acadado no xulgado acordouse impoñer unha medida de 50 horas de prestacións de axuda en beneficio da comunidade.

Ademáis terá que pagar os danos ocasionados ao establecemento municipal, coa responsabilidade solidaria dos pais.