O impagable labor do comedor social de Marín

Marín
07 de decembro 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou o comedor social das Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl

Visita ao comedor social das Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl Concello de Marín

Preto de 40 anos de historia ten ás súas costas o comedor social das Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl, en Marín.

Un labor impagable ofrecendo comidas diarias a persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.

As comidas son preparadas e atendidas por dúas cociñeiras xunto a un grupo de voluntarias.

En total a instalación conta cunha capacidade de 80 prazas.

Para agradecer a dedicación dos implicados no seu funcionamento o comedor social foi visitado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Visita ao comedor social das Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl Concello de Marín

A Xunta de Galicia, sinalaron, colabora co seu mantemento achegando algo máis de 188.000 euros.

Trátase dunha axuda enmarcada na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023-2025.

Esta visita pretendía pór en valor o traballo diario das Voluntarias da Caridade de San Vicente de Paúl.