Iluminación verde para conmemorar o mes da artrite

Pontevedra
01 de outubro 2021

Este aceso simbólico é unha das accións previstas pola Asociación de Enfermos de Artrites de Pontevedra (Asearpo) para dar a coñecer esta patoloxía e as súas consecuencias

Concello de Pontevedra iluminado de verde polo mes da artrite Concello de Pontevedra

Durante catro noites, ata o vindeiro domingo 3 de outubro, a Casa do Concello de Pontevedra, na Praza de España, ilumínase de verde.

Faino como unha acción simbólica dentro dos actos previstos pola Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo) para dar a coñecer esta enfermidade e as súas consecuencias nos afectados en cada unha das súas versións.

Asearpo preparou unha serie de actividades para conmemorar o mes da artrite, cuxo día se celebra o 12 de outubro, coa intención de concienciar á cidadanía sobre esta patoloxía pouco frecuente.

Ao aceso simbólico do Concello de Pontevedra acudiron o edil de Benestar Social, Marcos Rey, e membros da asociación como Juan José Otero, vogal da directiva, e Patricia Rejas.