Identificadas as catro candorcas que entraron na ría de Arousa

O Salnés
03 de setembro 2024

O Grupo de Traballo Orca Ibérica (GTOA) identificou as catro candorcas que este luns pola tarde entraron na Ría de Arousa

Identificadas as catro candorcas que entraron a ría de Arousa Kari Korhonen

O Grupo de Traballo Orca Ibérica (GTOA) identificou as catro candorcas que este luns pola tarde entraron na Ría de Arousa. 

As imaxes foron tomadas por Kari Korhonen a bordo do barco 'Chasula' durante un programa de observación de aves mariñas. 

Os exemplares identificados este ano son a avoa 'Toñi', que é a matriarca, o macho 'Pingu', as femias 'Gnomo' e 'Gladis Estrela'. 

Das catro, só 'Estrela' é Gladis, é dicir, a única que pode tocar barcos, pero en compañía destas tres seguro que non actúa, asegura GTOA. 

"As interaccións que se produciron nas inmediacións da Ría de Arousa foron seguramente provocadas por outros exemplares dispersos pertencentes ao grupo, que aínda non foron identificados", afirma o biólogo Alfredo López, portavoz de Cemma, acrónimo de Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.

Segundo explicou o director do Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI, polas súas siglas en inglés), Bruno Díaz, un grupo familiar de oito animais foi visto en augas interiores da ría nas proximidades da Illa de Sálvora con rumbo cara a augas abertas.