Iberdrola proxecta unha planta de metanol renovable en Caldas que crearía 55 empregos

Umia
22 de setembro 2022

Corenta millóns de euros é o que prevé investir a compañía enerxética Iberdrola no desenvolvemento dunha planta de metanol renovable en Caldas de Reis, que suporá a creación de 55 novos empregos, dos que o 46% estarían reservados para mulleres. Este proxecto, denominada Green Umia, foi declarado pola Xunta de Galicia como iniciativa empresarial prioritaria

Recreación da futura planta de metanol verde en Caldas

Corenta millóns de euros é o que prevé investir a compañía enerxética Iberdrola no desenvolvemento dunha planta de metanol renovable en Caldas de Reis, que suporá a creación de 55 novos empregos, dos que o 46% estarían reservados para mulleres.

Este proxecto, denominada Green Umia, foi declarado pola Xunta de Galicia como iniciativa empresarial prioritaria, o que lle permitirá reducir á metade os prazos de tramitación.

Este proxecto, que Iberdrola impulsa xunto á compañía Foresa prevé xerar ata 900 postos de traballo totais, entre directos, indirectos e inducidos, durante a fase de construción e 265, tamén entre as tres modalidades, durante a fase de explotación.

Con esta nova planta, Iberdrola busca reducir as importacións de metanol, substituíndoas por unha "produción local sostible", segundo explica o goberno galego, que tamén será empregada pola propia empresa para a fabricación de diversas colas, resinas e adhesivos.

Green Umia integrará na mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno verde, que xunto ao dióxido de carbono capturado dos gases de escape da caldeira de biomasa, utilizarase como materia prima para o proceso de síntese do metanol. 

As previsións sitúanse na produción dunhas 2.900 toneladas anuais de metanol renovable, a partir de julio de 2025. Isto, segundo a compañía, supoñerá unha redución de 58.000 toneladas de CO2 durante o seu primeiros dez anos de funcionamento.

A planta de tratamento permitirá ademais aproveitar os fluxos de augas residuais, reducindo a cantidade de auga bruta empregada no proceso industrial. 

Para que o metanol teña a consideración verde, a subministración de enerxía necesario para a produción de hidróxeno verde, debe provir de fontes de xeración renovable de nova construción.

Para ese efecto establecerase un acordo de subministración enerxética desde o parque eólico Castro Valente situado a 12 quilómetros da futura planta de metanol. O parque eólico localízase entre os municipios de Padrón e A Estrada, e consiste na instalación de tres aeroxeradores de 6 MW cada un, cunha potencia total de 18 MW.

A de Caldas é unha das dezaseis iniciativas empresariais prioritarias declaradas pola Xunta de Galicia nos últimos meses. Hai outras dúas na provincia de Pontevedra, as que lideran Sogama en Vilanova de Arousa e a conserveira Albo en Salvaterra de Miño.