Humanizar a Baixada da Chousa, petición popular al Concello

Poio
28 de agosto 2021

Os populares de Poio consideran que a veciñanza de Combarro precisa actuacións e aparcadoiros. Acusan o goberno tripartito de manter abandonada toda esa zona, sen investimentos e con problemas graves de circulación por este punto turístico

Proposta do PP para mellorar a Baixada á Chousa, en Combarro Partido Popular de Poio

O Partido Popular de Poio esixe ao goberno local que humanice a Baixada da Chousa, en Combarro. A agrupación que lidera Ángel Moldes sinala que na última década, os gobernos do BNG e do PSOE non realizaron obras relevantes nesta zona turística do municipio.

Os populares consideran que a solución presentada polo grupo da oposición hai un ano ofrece unha solución para esta arteria principal de circulación dentro do Concello. Moldes indica que a veciñanza necesita obras, actuacións e aparcadoiros en lugar de "actos de autobombo".

O portavoz popular insiste no grave problema para circular e lembra ao goberno local que "os veciños están cansados de escoitar que son a vila máis bonita de Galicia pero despois estar máis de dez anos sen investimentos". Por este motivo, esixe actuacións inmediatas na zona.