Homenaxe á camelia no Albergue de Peregrinos

Pontevedra
12 de marzo 2017

A XIII Gala da Camelia reúne durante a fin de semana no albergue pontevedrés a 25 cultivadores de Galicia e Portugal

XIII Gala da Camelia no Camiño Asociación Camiño Portugués

A "flor do Camiño Portugués" recibe esta fin de semana unha homenaxe no Albergue Virxe Peregrina de Pontevedra.

Alí celébrase, retornando ao seu emprazamento habitual, a Gala da Camelia, que chega á súa XIII edición.

En total danse cita na exposición 25 cultivadores de Galicia e tamén de Portugal, con presenza de xente chegada das cidades lusas de Braga, Barcelos ou Guimaraes.

A Gala da Camelia complétase con pinturas do artista Álex Vázquez dedicadas a esta flor.

Ademais do presidente da Ascoaición Camiño Portugués, Celestino Lores, a apertura da exposición contou coa presenza da alcaldesa en funcións, Anabel Gulías.