Handbike, de soño a realidade

Pontevedra
20 de xuño 2017

Sobre cinco mil euros estímase que pode custar una simple handbike ou bicicleta adaptada, que non é máis que un mecanismo que se acopla á cadeira de rodas e que permite facer deporte, desfrutar do ocio e ter máis independencia nos desprazamentos a media distancia ou por terreos complicados.

Paulo Fontán, o presidente da Asociación Amizade, mostra un modelo de handbike que poderá ser adquirido coa axuda de Ence Mónica Patxot

Practicar bicicleta é unha actividade saudable para a que, en principio, non se precisa investir moito diñeiro. Pero se falamos de persoas con diversidade funcional, o asunto é ben distinto.

Sobre cinco mil euros estímase que pode custar una simple handbike ou bicicleta adaptada, que non é máis que un mecanismo que se acopla á cadeira de rodas e que permite facer deporte, desfrutar do ocio e ter máis independencia nos desprazamentos a media distancia ou por terreos complicados.

A handbike "non é o mesmo que unha cadeira de rodas manual, xa que ten unha potencia e unha facilidade de uso que, se vas un kilómetro empuxando a túa cadeira manual, ao pouco estás destrozado e [coa handbike] podes facer 10 kilómetros co mesmo esforzo e ademais facendo exercicio", indícanos Paulo Fontán, o presidente da Asociación Amizade.

PrecisamenteAmizade, a Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Pontevedra, que ten a súa sede en Monteporreiro,acaba de ser seleccionada dentro do "Programa de axudas a entidades que loitan contra a exclusión social", dentro do Plan Social promovido pola empresa Ence.

A axuda de Ence destinarase a adquirir tres handbikes que poidan estar dispoñibles en préstamo para calquera membro da asociación. Paulo Fontán define a importancia destes aparellos cun exemplo sinxelo: "[coa handbike] podería ir á praia fluvial, dar un paseo pola Illa das Esculturas e depois irme ao centro", algo que agora no pode facer porque, pasado un tempo de percorrido, necesitaría de alguén que lle empurrase.

Co obxectivo de responder ás necesidades de todos os asociados, que xa superan o cento, Amizade vai organizar dúas xornadas para probar os tres tipos de handbikes que hai no mercado (manual, automática e híbrida) e decidir así que modelos adquirir.

Para Amizade, esta axuda de Ence é un gran paso para facilitar o acceso ás persoas con diversidade funcional a servizos considerados básicos. Paulo Fontán lembra que a Asociación primeiro procurou ocuparse de dar resposta a grandes necesidades, como a rehabilitación. Para iso "comezamos con fisioterapia, despois tamén logopedia, hidroterapia e, pouquiño a pouco, imos intentando avanzar". Agora toca ocuparse tamén do tempo de ocio.

Non en balde, a Organización Mundial da Saúde (OMS), no seu documento titulado "Recomendaciós mundiais sobre a actividade física para a saúde", sinala á bicicleta como un vehículo esencial para asegurar a saúde das persoas que non poden desprazarse a pé. E non só para su uso deportivo, senón tamén en canto a gozar do tempo de ocio.

A finais do mes de xuño, Amizade espera ter xa dispoñibles as handbikes, que se van adquirir a través dunha ortopedia da cidade, de xeito que a axuda de Ence vai ter especial calado na comarca de Pontevedra.

Arquivado en