"Hai Feira Franca!" E Pontevedra recobra su esplendor medieval

01 de setembro 2023

Pregoeiros dacabalo anunciaron a partir das 19.00 horas deste venres o inicio da Feira Franca. "Hai Feira Franca na grande vila de Pontevedra", dixeron polo centro histórico e as súas zonas próximas, abrindo unha nova edición da festa coa que Pontevedra regresa ao seu momento de máximo esplendor medieval

Pregoeiros dacabalo anuncian a Feira Franca 2023 Mónica Patxot

"Hai Feira Franca na grande vila de Pontevedra". Pregoeiros dacabalo desafiaron a choiva na tarde deste venres e anunciaron polo centro histórico e as zonas máis próximas o regreso da celebración que cada ano devolve á cidade á súa etapa de máximo esplendor medieval. 

A pesar da choiva que caeu durante toda a tarde, os pontevedreses acompañaron aos pregoeiros neste primeiro anuncio que, cada ano, serve para abrir a nova edición da Feira Franca. Este 2023 é xa a súa edición número 22.

Co anuncio destes pregoeiros, a cidade deu o paso definitivo a un salto atrás no tempo que comezou nos últimos días coa instalación da decoración e ambientación da festa instalada por todo o centro histórico. Despois do seu anuncio, xa é oficial que a cidade revive o 17 de maio de 1467, cando o rei Enrique IV de Castela outorgoulle o privilexio á vila de Pontevedra de celebrar unha feira franca 15 días antes e 15 días despois da festa de San Bartolomé.

Enrique IV premiaba á vila a súa fidelidade concedendo un mercado libre de impostos durante un mes. Estaba a conceder a Feira Franca, que coincidía cun período de puxanza económica da cidade, entón a vila máis poboada de Galicia.

Desde o ano 2000, Pontevedra rememora ese privilexio e desde 2013 está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Este 2023, na súa 22 edición, pois houbo dúas paralizadas pola pandemia, espérase unha participación elevada

Consulta aquí toda a programación.

Arquivado en