Os traballos de acondicionamento comezaron no centro de Marín para habilitar unha nova zona de aparcamento de balde.
Trátase dun espazo na Rúa Quevedo, que terá capacidade para 50 prazas de estacionamento, sinala o Concello de Marín.
Con esta incirporación o goberno lolca resalta que son máis de 700 as novas prazas habilitadas nos últimos anos sumando todos os aparcadoiros públicos gratuítos: Praza do Regueiro (60 prazas), Sagrada Familia (25 prazas), Concepción Arenal (100 prazas), Ponte Zapal (50 prazas), Virxe do Carme (40 prazas), Inferniño (60 prazas), República Arxentina (70 prazas), Jaime Janer (50 prazas), Pavillón da Raña (100 prazas), Carballal (50 prazas), Otero Ulloa 1 (25 prazas) e Otero Ulloa 2 (50 prazas).
A esta rede de espazos gratuítos de estacionamento súmase a aplicación en parte do centro urbano da Zona 2H.