Haberá tiradas de fogos sorpresa cada día nun barrio diferente

Pontevedra
04 de agosto 2020

A idea é evitar a aglomeración de persoas, unha máxima que se estende a toda a programación estival do "Pontevedra vívese" e que foi asumida con "exemplaridade" pola cidadanía, un feito polo que se felicitou a concelleira de festas porque "levamos xa moito verán con moitas actividades simultáneas e o público respecta escrupulosamente, o comportamento dá inmensa maioría é totalmente responsable"

Fogos de artificio das Festas de Santiaguiño do Burgo Diego Torrado

A concelleira de Festas, Carme da Silva, anunciou que este ano haberá tiradas de fogos sorpresa que serán máis pequenas e que se repetirán cada día nun barrio diferente ao longo de toda a semana.

A idea é evitar a aglomeración de persoas, unha máxima que se estende a toda a programación estival do "Pontevedra vívese" e que foi asumida con "exemplaridade" pola cidadanía, un feito polo que se felicitou a concelleira de festas porque "levamos xa moito verán con moitas actividades simultáneas e o público respecta escrupulosamente, o comportamento da inmensa maioría é totalmente responsable".

Outro exemplo desta programación repartida pola cidade están a ser os espectáculos de animación itinerante do programa "Rebulir".

Primeiro, ás oito da tarde, saíu o grupo Os Quinquilláns coa súa proposta "Por que é salgada o auga do mar?" e, unha hora despois, tomou as rúas da zona monumental o grupo Pisca Castro co seu espectáculo "Mezzo".

Para este martes e no mesmo horario poderemos atoparnos polas rúas da zona monumental con "Baixo o mar", de Rivel Animación e despois será "Fantasía", de Kepler T&T.

 

Arquivado en