Haberá control de acceso no edificio municipal dos Ferreiros, a Casa Azul e o Chalé de Fontoira

Pontevedra
26 de outubro 2020

Ante os cambios nos protocolos que impuxo a covid-19, o Concello de Pontevedra decidiu que, igual que no edificio administrativo de Michelena 30, outras tres dependencias municipais que teñen atención ao público conten cun sistema de control de acceso

Edificio municipal na rúa dos Ferreiros Mónica Patxot

Ante os cambios nos protocolos que impuxo a covid-19, o Concello de Pontevedra decidiu que, igual que no edificio administrativo de Michelena 30, outras tres dependencias municipais que teñen atención ao público conten cun sistema de control de acceso.

Trátase das novas oficinas de Urbanismo e Xestión Tributaria na rúa dos Ferreiros, a Casa Azul da rúa Sor Lucía e o Chalé de Fontoira, sede dos servizos sociais municipais.

Para poder regular este sistema, o goberno municipal destinará 189.104 euros anuais para a contratación de persoal titulado e formado en control de accesos.

O contrato que sairá a licitación terá unha duración de tres anos, coa posibilidade poder prorrogalo durante dous anos máis.

A súa función sería, basicamente, atender ao público na entrada destas dependencias e organizar os accesos para evitar posibles aglomeracións.

Ademais, este persoal terá que garantir o cumprimento dos protocolos e medidas de prevención da covid-19, con respecto ao uso de máscaras e do xel hidroalcólico.