Un brote de covid-19 alterou o normal funcionamento do servizo de Oncoloxía do Hospital Provincial. Sanidade confirman que seis pacientes deron positivo por coronavirus nas últimas horas, aínda que fontes da área sanitaria elevan os afectados a sete, ao incluír unha acompañante.
Os seis pacientes, que por agora teñen síntomas leves ou son asintomáticos, foron trasladadas á unidade covid do Hospital Montecelo por precaución ao tratarse de persoas de risco.
Tras detectar o primeiro contaxio, as autoridades sanitarias activaron un cribado do resto de pacientes. Nesas probas de detección deron positivo os seis pacientes,segundo revelou o informe técnico que efectuou sobre este gromo o servizo de Medicina Preventiva.
A todo o persoal sanitario da unidade tamén se lles fixo a proba para descartar o seu contaxio. Os médicos deron negativo e están pendentes os resultados de varias enfermeiras. Todos eles están agardando do resultado na casa.
As autoridades sanitarias mostraron a súa preocupación por este brote, ao darse nunha unidade con pacientes que, no seu maior parte, son inmunodeprimidos, o que pode aumentar o risco de que a covid-19 teña consecuencias fatais.
A pesar diso, fan un chamamento á tranquilidade da cidadanía porque consideran que o brote foi detectado con rapidez. A unidade de Oncoloxía non se atopa pechada e mantén a súa actividade. Iso si, tres das habitacións están pechadas para proceder á súa desinfección, igual que nas zonas comúns.
Ademais, vaise a intensificar a limpeza e desinfección da sala de enfermaría e o control de hospitalización do servizo, que mantén a súa continuidade asistencial recibindo controis preventivos de xeito programado.