Grande acollida de PontevedraViva

Pontevedra
02 de outubro 2012

Arredor de 300 persoas respaldaron ao equipo de PontevedraViva no seu acto de presentación no edificio Sarmiento de Pontevedra

Asistentes ao acto de presentación de PontevedraViva o 1 de outubro no edificio Sarmiento

O equipo de PontevedraViva recibiu unha calurosa benvida por parte dos cidadáns de Pontevedra, a súa comarca e as zonas de Umia, O Salnés, Arousa e O Morrazo, ás que dará cobertura informativa de aquí en diante.

O acto de presentación do xornal tivo o respaldo de arredor de 300 personas, entre as que se atoparon representantes dos máis diversos colectivos e sectores sociais.

Ante o aluvión de mostras de apoio recibidas tanto en persoa como vía telefónica e a través da internet o equipo de PontevedraViva agradece a confianza depositada e tentará cumprir coas expectativas xeradas.

Arquivado en