Gordo de Nadal: O 11840, un terceiro premio leva a sorte ao Grove

O Salnés
22 de decembro 2024
Actualizado: 12:16

Vendéronse dez décimos do terceiro premio deste sorteo, que supón 50.000 euros o décimo, na administración de lotaría número 1 da localidade. Xa vendera no ano 2019 un terceiro premio

11840, terceiro premio da Lotería de Nadal 2024 PontevedraViva

El Gordo do sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal repartiu alegría no Grove.

O terceiro premio deste sorteo, que supón 50.000 euros o décimo, vendeuse na administración de lotaría número 1 da localidade.

O número agraciado foi o 11840, que saíu no sorteo ás 09.48 horas, e venderon dez décimos, o que implica medio millón de euros. 

Segundo explican desde a administración, os dez décimos, unha serie, vendeuse en portelo. O número saíu desta oficina na recta final do ano, entre finais de novembro e principios de decembro, de modo que todo apunta a que os agraciados serán veciños do Grove ou das localidades próximas, e non turistas. 

Ademais do Grove, a sorte deste terceiro premio tamén salpicou a outras localidades galegas como Lugo, O Porriño, Noia, Ferrol, Cortegada de Baños, Viveiro ou Vigo.

Esta mesma administración, situada na rúa Luís Seoane, vendeu xa no ano 2019 o terceiro premio co número 00750.

En 2023, esta mesma administración converteu á localidade nunha das galegas máis agraciadas, ao vender 45 series do número 58303, agraciado cun segundo premio. Repartiu uns 56,2 millóns de euros.

---NOTICIA EN PROCESO DE ELABORACIÓN---