Gonzalo Durán difundirá publicamente o vídeo dos "criminales" que tentaron queimar a súa casa

O Salnés
09 de xaneiro 2023

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, anunciou que este venres fará público o vídeo do momento no que dous individuos tentaron prender lume á súa casa en setembro do ano 2021, mesmo valora facer uso dunha gran pantalla na vía pública para difundir a gravación realizada polas cámaras de seguridade da súa vivenda

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa Concello de Vilanova de Arousa

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, anunciou que este venres fará público o vídeo do momento no que dous individuos tentaron prender lume á súa casa en setembro do ano 2021, mesmo valora facer uso dunha gran pantalla na vía pública para difundir a gravación realizada polas cámaras de seguridade da súa vivenda.

"Pondremos las imágenes varios días de forma contínua para que todo el mundo las pueda ver", ha dicho. , dixo. 

Así o anunciou este luns o rexedor do Partido Popular nunha comparecencia de prensa na que estivo apoiado por membros do seu partido e veciños.

Gonzalo Durán decidiuse a dar este paso despois de que, esta fin de semana, alguén tentase queimar o seu coche. Unha acción que tamén foi gravada en vídeo por outra cámara de seguridade. "La primera hipótesis de trabajo es que es la misma persona que hace un año y pico le prendió fuego a mi casa", afirmou.

No caso das imaxes de atentado contra a súa casa, Gonzalo Durán dixo que non as publicou antes "porque la Guardia Civil me recomendó no hacerlo, para no perjudicar la investigación". 

"Las imágenes son mías y puedo hacer con ellas lo que me dé la gana", dixo Gonzalo Durán, de modo que, dado que a Garda Civil non resolveu o caso e o xulgado arquivouno, o alcalde considera acertado que todo o pobo vexa a gravación para así identificar á parella, home e muller, que tentaron incendiar o seu domicilio. 

Durán cre que "en un pueblo pequeño, no es difícil dar con ellos" e sospeita que quen atacou o seu domicilio viven "en un radio de 300 metros" da súa vivenda.

"Hay dos criminales sueltos, no podemos vivir así" lamentou o alcalde de Vilanova de Arousa que quere facer públicas estas imaxes "también por mi responsabilidad como alcalde, que es velar por la seguridad de todos", convencido de que "quien tiene este vicio", o de prender lume a propiedades, "va a volver a hacerlo". 

Durán ten claro que a súa condición de alcalde de Vilanova é o móbil de ambos os intentos, "yo no tengo problemas con nadie, por eso pienso en un motivo político".

Gonzalo Durán tamén desvelou que contratou a unha empresa privada de peritos que están a examinar todos os indicios de criminalidade existentes e precisou que esa investigación "la pago yo, Gonzalo Durán, no el Ayuntamiento". O informe coas conclusións ás que cheguen estes detectives será trasladado ao xulgado para tentar reabrir a causa. 

Por mor deste último suceso, o alcalde de Vilanova de Arousa recibiu a chamada da subdelegada do Goberno e dun mando da Garda Civil a quen recriminou a falta de resultados é o seu labor de investigación. "No han hecho todo lo necesario" para esclarer este suceso, dixo.

Tamén houbo mensaxes de solidariedade por parte de cargos públicos como o presidente da Xunta, o delegado territorial e alcaldes, maioritariamente do PP, pero tamén da portavoz nacional do BNG ou do PSOE da Illa de Arousa.