Galicia prohíbe a apertura de discotecas e locais de lecer nocturno ata xullo

Pontevedra
09 de xuño 2020

En opinión da Xunta, é "preferible" agardar a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas que entrou este luns en vigor coa entrada da comunidade autónoma nesta nova fase do desconfinamento

Locais de lecer nocturno pechados polo coronavirus Mónica Patxot

Discotecas e locais de lecer nocturno non poderá abrir ata xullo. Así o decidiu a Xunta de Galicia ao entender que a apertura destes establecementos "non procede por agora".

O goberno galego, que nesta fase 3 da desescalada tiña a potestade de autorizar a reapertura destes locais, sigue así a recomendación da Consellería de Sanidade e mediante decreto aprazou o permiso para que este sector retome a súa actividade.

En opinión da Xunta, é "preferible" agardar a que se poida avaliar o resultado do levantamento doutras restricións, como o libre tránsito entre as catro provincias galegas que entrou este luns en vigor coa entrada da comunidade autónoma nesta nova fase do desconfinamento.

O goberno galego, con todo, comprometeuse a traballar "conxuntamente" co sector para que a súa reapertura en xullo poida facerse "nas condicións máis viables que sexan posibles".

Xa o propio Alberto Núñez Feijóo expresara as súas dúbidas o pasado domingo sobre a posibilidade de que os locais de lecer nocturno puideran abrir xa, avanzando que sería un tema ao que habería que "darlle unha volta".

"Non é un tema menor abrir espectáculos nocturnos cando están pechados os colexios. Parécenos unha decisión que debe ser, cando menos, meditada", advertía Núñez Feijóo.