GALERÍA 1. Chega o viño á Feira Franca co mercado repleto de xente

Pontevedra
01 de setembro 2018

A recreación do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve, Art Monium e Pablo Méndez animación, un espectáculo moi colorido cheo de música e con gran ambientación no que os grandes protagonistas foron dous enormes bois que empuxaban o carro co viño

Galería Feira Franca: Transporte do viño, mercado, oficios, esgrima e cetrería Paula Sanmartín

A recreación do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve, Art Monium e Pablo Méndez animación, un espectáculo moi colorido cheo de música e con gran ambientación no que os grandes protagonistas foron dous enormes bois que empuxaban o carro co viño.

Percorreron as rúas Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría e a praza da Ferraría ata terminar na da Peregrina.

Un pouco antes abriu o mercado medieval na avenida de Santa María e a mostra de oficios na praza da Ferraría e na do Peirao.

Non faltaron á cita a Asociación Cultural Pola Vila, que interpretou polo centro histórico as Cantigas de Afonso X e música medieval. A Escola Hungaresa ofreceu demostracións e obradoiros de esgrima en Montero Ríos onde coincidiron co Tiro con arco do Club Boa Vila e as aves rapaces de Falcóns de Galicia e na praza da Verdura os Mercenarios do Norte exhibiron o seu dominio da esgrima antiga. 

Arquivado en