Frittata con filetes de xarda Pescamar

Pontevedra
09 de xuño 2018

A frittata é unha especialidade da cociña italiana similar a unha tortilla francesa rechea, coa diferenza de que os seus ingredientes déixanse á vista, coma se fose unha pizza

Frittata italiana Flickr - Rachel Tayse

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita italiana: a frittata, un prato tradicional a base de ovo ao que lle imos a incorporar os  filetes de xarda de Conservas Pescamar.

A frittata é unha especialidade da cociña italiana similar a unha tortilla francesa rechea, coa diferenza de que os seus ingredientes déixanse á vista, coma se fose unha pizza. Tradicionalmente, este prato utilizábase para aproveitar os restos de comida, especialmente carne e verduras. Mesmo, nalgunhas zonas preparábase coas sobras da pasta.

Para esta receita, contamos coa xarda en conserva Pescamar, un dos peixes azuis máis apreciados polo seu alto contido en ácidos graxos omega-3, moi indicados para protexer o noso corazón e previr unha gran variedade de enfermidades cardiovasculares.

Para preparar esta deliciosa Frittata con filetes de xarda Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 6 ovos

- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar

- Verduras variadas sobrantes doutro guiso

- 1/4 de cunca de leite

- pirixel fresco picado

- sal

- pementa

- aceite de oliva

- 1 cullerada de manteiga ou o equivalente en queixo

Preparación:

Nunha tixola cunha cullerada de aceite, salteamos as verduras e o pirixel. Poñemos sal ao gusto. Reservamos.

Batemos os 6 ovos e agregámoslles o sal, a pementa e o cuarto da cunca de leite.

A lume medio, cociñamos os ovos durante uns 2 minutos, raspando os lados e o fondo cunha espátula. A continuación, deixámolos facer un minuto para que se acabe de cociñar a base inferior.

Colocamos sobre esta base de ovo as verduras e os Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar (sen o aceite). Salpicamos por riba, en pequenas porcións, o queixo ou a manteiga.

Levamos a tixola baixo a grella ata que se doure a parte de enriba.

Retiramos do forno e deixamos que repouse tapada uns 5 minutos para terminar a  cocción no centro.

Para servila, podemos cortar a frittata en cuñas coma se fose unha pizza.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.