Frea o incremento de contaxios dos últimos tres días

Pontevedra
18 de outubro 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 18 de outubro 33 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. É a mesma cifra que onte domingo  

Xente paseando pola rúa con máscara Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 18 de outubro 33 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. É a mesma cifra que onte domingo

Nas últimas 24 horas confirmáronse cinco novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.

O número de pacientes hospitalizados é de 1 persoa atendida en planta o Hospital Montecelo. Queda un só paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, 31 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 21.223 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse outras 5 persoas.

Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 305.787, 135 nas últimas 24horas. A estas probas súmanse as 145.592 probas de antíxenos e outras 109.780 probas de detección realizadas ata a data.