Un rotundo fracaso. Así foi a concentración convocada para este sábado polo cambio de denominación da avenida Juan Carlos I, xa rebautizada como Virxinia Pereira Renda.
Apenas tres persoas secundaron esta protesta para demandar que o Concello rectificase esta decisión e mantivese o nome desta avenida co nome do rei emérito.
Os carteis colocados na rúa para anunciar esta concentración non foron suficientes para que a cidadanía secundase esta convocatoria.
O chamamento non o asinaba ninguén, pero entre os asistentes a esta protesta estaba o candidato de Vox á Alcaldía de Pontevedra nas últimas eleccións municipais, Manolo Torres; e o cidadán que presentou sen éxito un recurso pola nova denominación.