Forte incremento do paro en Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía

Pontevedra
05 de novembro 2018

O número de desempregados na provincia de Pontevedra subiu o último mes un 3,81%, aínda que na comparativa anual reflíctese un descenso do 8,76 % (6.417 desempregados menos) nos inscritos no servizo de emprego público (SEPE)

Traballadores en Pontevedra Mónica Patxot

O número inscritos no servizo de emprego público (SEPE) deixou un forte incremento en municipios coma Pontevedra (138 desempregados mais), Sanxenxo (195), O Grove (144) e Vilagarcía (285).

Na provincia subiu en 2.451 persoas durante o mes de outubro na provincia de Pontevedra.

Esta cifra supón un aumento do paro no 3,81% no último mes, ata facer un total de 66.712 desempregados na provincia.

Con todo, estes datos contrastan coa comparativa anual, na que Pontevedra é a provincia galega na que máis descendeu o número de demandantes de emprego, un 10,21% (7.589 persoas) durante os últimos 12 meses.

En canto aos números a nivel autonómico, o paro subiu en Galicia durante o mes de outubro en 3.424 persoas (un 2,06%), o que deixa en 169.744 as rexistradas nas oficinas de emprego. 

A taxa interanual na comunidade descendeu un 8,69% con respecto a outubro de 2017, o que supón 16.159 demandantes de emprego menos que hai un ano.

    Outubro    Setembro   Variación 
Pontevedra5.7265.588138
Barro25424410
Bueu75472034
Caldas de Reis66364122
Cambados92485965
Campo Lameiro121123-2
Cerdedo-Cotobade3153132
Cuntis2812729
O Grove784640144
A Illa de Arousa27925128
A Lama15914118
Marín1.6571.57780
Meaño33527857
Meis35130051
Moraña280286-6
Poio1.0981.03167
Ponte Caldelas50947237
Portas18216517
Ribadumia31226448
Sanxenxo1.070875195
Vilaboa361368-7
Vilagarcía de Arousa3.1602.873287
Vilanova de Arousa     70864860

 

Arquivado en