A Fiscalía pide 15 anos de cárcere para un home acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor

Pontevedra
10 de decembro 2024

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este martes o xuízo a porta pechada

Audiencia de Pontevedra Pontevedra Viva

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este martes a porta pecha un xuízo por un delito continuado de agresión sexual a menor de dezaseis anos.

A Fiscalía pide unha condena de 15 anos de cárcere para o acusado.

Ademais, o Ministerio Fiscal solicita ao tribunal que se lle impoña ao procesado a prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima, do seu domicilio ou calquera outro lugar onde se atope, así como de manter contacto con ela por calquera medio, en ambos os casos durante 20 anos.

A Fiscalía tamén pide a medida xudicial de liberdade vixiada durante 6 anos, a executar despois da pena privativa de liberdade.

Tamén reclama a súa inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuidos, que leve contacto regular e directo con persoas menores de idade durante 20 anos.

O acusado indemnizará á menor con 30.000 euros.

Os feitos sucederon en Pontevedra no domicilio no que convivían no período comprendido entre o ano 2017 e 2023.