Festa rachada de Ence para reivindicar a súa mellora ambiental

Pontevedra
08 de novembro 2015

Entre cinco mil e seis mil persoas, participaron segundo a propia compañía, na gran festa organizada por Ence na Praza de Touros de Pontevedra, para celebrar o premio entregado pola Unión Europea por 15 anos de traxectoria ambiental

Festa de Ence na Praza de Touros PontevedraViva

Entre cinco mil e seis mil persoas, participaron segundo a propia compañía, na gran festa organizada por Ence na Praza de Touros de Pontevedra, para celebrar o premio entregado pola Unión Europea por 15 anos de traxectoria ambiental.

O evento deste sábado foi tamén un acto reivindicativo de está melloría ambiental  "argumentos suficientes para renovar a concesión" afirmaba Pedro Soto, presidente do comité de traballadores, verbalizando o seu desexo de continuar traballando na actual localización en Lourizán.

"Que non nos fagan sufrir máis", clamaban os traballadores á Xunta e ao Estado.

Tamén houbo discursos a cargo do director da fábrica, Antonio Casal; o portavoz da Plataforma Proindustria de Pontevedra, Agustín Nogueira, ou da presidenta do comité de empresa de Oficinas e Forestal, Ana Cedeira.

A música puxérona os Black Stones e a Orquestra La Oca.