Piratas, bombeiros, princesas, esqueletos, fadas, monstros e os disfraces máis distintos tomaron este martes a praza da Ferrería e botáronse directamente a bailar animados por varios DJ e polo grupo de animación infantil Rivel.
Estaban a participar na Festa Pirata de Entroido, na que, curiosamente, os corsarios non levaron o protagonismo esperado. Os animadores si se sumaron á chamada de imitar a Benito Soto, pero os protagonistas da festa, os nenos, apenas se enfundaron o traxe invitado e optaron por outros curiosos como Mary Poppins ou todos os personaxes da película Monstros SA.
A festa foi multitudinaria e tivo centos de participantes de todas as idades, especialmente bebés e nenos pequenos. Todos se sumaron durante toda a tarde a un ambiente festivo no que se mesturaron cancións de distintos tipos musicais e elementos clásicos de toda celebración que se prece como unha rosquilleira.