Fernando Maquieira, premio extraordinario ao esforzo e superación persoal

Marín
12 de maio 2018

O IES Mestre Landín volve estar representado nos premios extraordinarios da ESO. Esta vez é a quenda de Fernando Maquieira, que recibiu de mans do conselleiro de cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o premio extraordinario ao esforzo e superación persoal

Fernando Maquieira recolle o premio extraordinario ao esforzo e superación persoal IES Mestre Landín

O IES Mestre Landín volve estar representado nos premios extraordinarios da ESO. Esta vez é a quenda de Fernando Maquieira, que recibiu de mans do conselleiro de cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o premio extraordinario ao esforzo e superación persoal.

Fernando Maquieira recibiu esta distinción nun emotivo acto que tivo lugar o pasado venres 11 de maio na Cidade da Cultura e no que estivo acompañado de familiares e representantes do centro.

Este premio supón un recoñecemento a todos os alumnos que a pesar de circunstancias adversas persoais son capaces de alcanzar o título en ESO grazas ao seu tesón e resiliencia. Neste acto tamén se entregaron os premios extraordinarios ao rendemento, a aqueles alumnos ou alumnas que destacaron polo seu expediente académico e obtiveron unha das mellores 20 notas nunha proba extraordinaria

Desde o IES Mestre Landín transmitiron o "orgullo e satisfacción de ver a Fernando logrando unha vez máis un fito de superación". Os seus profesores e compañeiros aseguran que este alumno "é un exemplo da importancia da comunidade educativa, profesorado, alumnado e familia para conseguir que cada alumno alcance o seu máximo potencial".