Fernández Lores asegura que na Feira Franca "Pontevedra multiplica a súa poboación por tres"

Pontevedra
07 de setembro 2013

Difícil exercicio resulta calcular o número de participantes na XIV edición da Feira Franca de Pontevedra. O alcalde capitalino, Miguel Fernández Lores, apunta que a afluencia pode superar os 200.000 participantes, o que supón "triplicar case a poboación"

Difícil exercicio resulta calcular o número de participantes na XIV edición da Feira Franca de Pontevedra. O alcalde capitalino, Miguel Fernández Lores, apunta que a afluencia pode superar os 200.000 participantes, o que supón "triplicar case a poboación".

Cunha zona monumental ateigada de persoas maioritariamente ataviadas con roupas de época, o rexedor destacou que a Feira Franca transcorre "ordenadamente" e situou a este evento como "exemplo de festa urbana na que participa todo o mundo, de todas ás idades, e onde non hai saidas de ton", argumentando que "non ten compoñente alcohólico" e o que prima é "gozar dos nosos produtos de forma moderada".

"Todo o contrario ás peñas", incidiu o alcalde.

Miguel Anxo Fernández Lores, que escolleu un traxe de liño de "inventor anónimo" resaltou o "esforzo inxente" de todos os servizos municipais de limpeza, bombeiros e protección civil, entre outros, para que a festa transcorra "sen incidentes".

O alcalde referiuse á Feira Franca como "a maior romaría urbana de Galicia" e sinalou que, dende o punto de vista económico, supón "un plus para prolongar o verán" en beneficio do turismo, a hostalaría e o comercio "nunha cidade de servizos".

Arquivado en