Ferido un veciño de Meaño de 27 anos nun accidente na autovía do Salnés

O Salnés
16 de xullo 2022

O mozo, de iniciais E. G. D. ía conducindo o vehículo e saíuse da vía por causas que se descoñecen. Foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical, dor nas pernas, dor torácica e unha posible fractura na clavícula dereita.

Accidente de tráfico en Dena, Meaño Emerxencias Cambados

Un veciño de Meaño de 27 anos resultou ferido este sábado tras sufrir un accidente de tráfico.

Segundo informou  Emerxencias de Cambados, o sinistro tivo lugar na autovía do Salnés (AG-41), á altura da saída cara a Cambados e Ribadumia. 

O mozo, de iniciais E. G. D. ía conducindo o vehículo e saíuse da vía por causas que se descoñecen. Foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical, dor nas pernas, dor torácica e unha posible fractura na clavícula dereita. 

Na mesma madrugada, os efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén tiveron que intervir noutro accidente de tráfico en Dena (Meaño). 

Neste caso a condutora do vehículo non precisou asistencia sanitaria.