O condutor dunha motocicleta resultou ferido leve nun accidente de tráfico rexistrado este venres na rotonda da Ponte da Barca, no municipio de Poio.
O motorista foi trasladado por unha ambulancia do 061.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local de Poio, o sinistro tivo lugar sobre as 14:05 horas provocando retencións no tráfico de entrada e saída da cidade de Pontevedra.
A Policía Local iniciou unha investigación para aclarar a causa do accidente no que están involucrados un turismo e unha motocicleta que circulaban na mesma rotonda.