O condutor dun turismo resultou ferido na tarde deste martes 10 cando circulaba por Vilalonga, no Concello de Sanxenxo.
Segundo o GES de Sanxenxo, o vehículo saía da vía e impactou frontalmente contra un poste da luz de formigón situado nas proximidades da estrada.
Ata o lugar desprazáronse tanto o servizo de Emerxencias de Sanxenxo como axentes da Policía Local, que investigan as causas do sinistro.
O home foi trasladado ao Hospital Montecelo para ser atendido das diversas feridas que presentaba tras o brutal impacto.