Un veciño de Ribadumia de 21 anos resultou ferido a pasada madrugada nun accidente de tráfico en Cambados.
O sinistro rexistrouse sobre as 3.30 horas da madrugada do domingo ao luns na estrada PO-300 en Vilariño.
No accidente, o vehículo chocou contra un farol da iluminación pública e causoulle importantes danos.
Como consecuencia do impacto, saltou o airbag e o condutor sufriu queimaduras, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados. Realizáronlle curas polas queimaduras.
Na intervención colaboraron Emerxencias e a Garda Civil de Trafico.