Un home resultou ferido leve despois de saírse da vía e chocar contra un farol e seis coches aparcados en Sanxenxo.
O condutor resultou ferido, pero, segundo a información recibida no 112 Galicia, o seu estado non parecía revestir gravidade.
Unha persoa particular foi quen, ás cinco desta pasada madrugada, informou ao 112 Galicia deste accidente. Indicaba que un coche que circulaba pola PO-308, entre os quilómetros 26-27, en Noalla, saísese da vía e chocase contra un farol e outros coches que estaban estacionados. Aseguraba que tanto o vehículo como o farol quedasen atravesados na vía.
Ata o lugar acudiron nada máis ser avisados polo 112 Galicia, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os membros do GES de Sanxenxo, que, ao chegar, solicitaron unha ambulancia para o condutor. Ademais, foron informados os Bombeiros de Ribadumia e o persoal de mantemento da vía.
Con todo, unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que, en total, outros seis coches ademais do implicado resultasen danados.