Ferida unha muller en Meaño atropelada polo seu propio vehículo, que quedara sen freo de man

O Salnés
13 de xaneiro 2021

O turismo estaba sen o freo de man accionado, atropelouna e, tras o impacto, acabou precipitándose por un terraplén. A muller sufriu feridas de consideración que motivaron o seu traslado ao Hospital Montecelo. O accidente sucedeu sobre as 00.45 horas da madrugada no lugar de Ganón

Garda Civil de Tráfico Mónica Patxot

Unha muller resultou ferida na madrugada deste mércores no Concello de Meaño nun curioso accidente no que foi alcanzada polo seu propio vehículo. 

O turismo estaba sen o freo de man accionado, atropelouna e, tras o impacto, acabou precipitándose por un terraplén. A muller sufriu feridas de consideración que motivaron o seu traslado ao Hospital Montecelo.

O accidente sucedeu sobre as 00.45 horas da madrugada no lugar de Ganón, no concello de Meaño, segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias do 112 Galicia. 

O 112 tivo constancia do accidente a través dos profesionais do servizo sanitario de urxencias. Os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda civil de Tráfico.

Ademais, para colaborar no operativo, ata o lugar acudiron os efectivos de Protección Civil de Cambados.