Unha muller de 62 anos resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra na mañá deste martes tras sufrir un atropelo cando cruzaba por un paso de peóns.
Todo ocorreu pasadas as sete da mañá deste martes cando, segundo a información facilitada pola Policía Local, a muller cruzaba o paso de peóns situado ao final da ponte do Burgo, na confluencia coa avenida de Bos Aires, de camiño ao traballo.
A muller foi atropelada por un turismo e sufriu un golpe na cabeza polo que foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo para valoración.
Ata o lugar acudiron, tras o atropelo, axentes da Policía Local de Pontevedra e os servizos sanitarios.