A Policía Local de Poio informou dun accidente de tráfico no que unha persoa resultou ferida, en principio de carácter leve.
O sinistro tivo lugar pasadas as 7.30 horas deste xoves na estrada PO-308 ao seu paso pola parroquia de Combarro.
Segundo estas fontes oficiais, o accidente consistiu nunha colisión por alcance entre dous turismos na Avenida da Cruz.
O ferido foi trasladado a un centro hospitalario para a súa avaliación.
Abriuse unha investigación sobre as causas do sinistro.
A Policía Local aconsella "adecuar a velocidade ás condicións da vía e manter unha distancia de seguridade axeitada e máxima atención á condución".