Ferida moi grave unha veciña de Marín tras ser atacada por un descoñecido

Marín
13 de febreiro 2023

Trátase dun home duns 50 anos de idade, que segundo fontes policiais, declarou que "el diablo le dijo que tenía que matar a alguien". Esta veciña de Marín camiñaba pola rúa cando se topou con este individuo que a atacou cunha arma branca. 

Manchas de sangue no lugar da agresión Mónica Patxot

Unha veciña de Marín atópase ingresada no Hospital Montecelo en estado moi grave despois de ser agredida na rúa por un home supostamente alleado.

Segundo informou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, á primeira hora da mañá deste luns tivo lugar este suceso na rúa Jaime Janer, á altura do antigo colexio de Infantil Nosa Señora do Carmen. Foi unha "agresión importante con determinados utensilios que danaron gravemente, con feridas moi graves, a unha muller".

A Policía Local de Marín detivo ao atacante, que xa pasou ao dispor da Comisaría da Policía Nacional.

Trátase dun home duns 50 anos de idade, que segundo fontes policiais, declarou que "el diablo le dijo que tenía que matar a alguien". Esta veciña de Marín camiñaba pola rúa cando se topou con este individuo que a atacou cunha arma branca. 

A Policía Nacional confirmou que a vítima non coñecía ao seu agresor.

"A muller foi inmediatamente trasladada ao hospital, aínda con vida pero o prognóstico é moi grave", apuntou María Ramallo.