A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, manifestou este martes que "gracias a las reformas emprendidas y al trabajo conjunto de toda la sociedad española", a previsión do Goberno é que España creará 600.000 empregos en 2015, dos que 35.000 deles serán en Galicia.
Fátima Báñez fixo este anuncio durante a súa visita ao Centro de Formación Marítima que o Instituto Social da Mariña (ISM), ten en Bamio.
Durante a súa intervención Báñez recordou que en Galicia hai 13.473 parados rexistrados menos que ao inicio da Lexislatura, e 7.929 mozos menores de 25 anos menos en desemprego.
Así mesmo, en materia de garantía de prestacións sociais, a ministra destacou que os pensionistas galegos gañaron máis de 150,66 millóns de euros de poder adquisitivo entre 2013 e 2014.
O titular do Departamento de Emprego e Seguridade Social adiantou as liñas básicas dunha nova norma reguladora da protección social do colectivo de traballadores do sector marítimo-pesqueiro, cuxa elaboración se encontra xa "muy avanzada" e que "actualizará y sustituirá" á normativa actual que conta con máis de 40 anos de antigüidade, e que está "obsoleta y derogada en su mayor parte".