"Fartos" da falta de solucións tras danar as obras da A-57 a súa traída de auga

Pontevedra
06 de setembro 2023

Un grupo de veciños do lugar de Pintos, en Marcón, decidiu denunciar publicamente a situación que están a vivir coa súa traída de augas desde o inicio das obras de construción da autovía A-57, pois o depósito está danado desde que empezaron as explosións a escasos 25 metros e agora, cada verán, sofren a escaseza de auga

Depósitos afectados polas obras en Pintos PontevedraViva

Un grupo de veciños do lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón, decidiu denunciar publicamente a situación que están a vivir coa súa traída de augas desde o inicio das obras de construción da autovía A-57, pois o depósito está danado desde que empezaron as explosións a escasos 25 metros e agora, cada verán, sofren a escaseza de auga. 

A pesar de que presentaron varias queixas, nin a empresa adxudicataria, Constructora San José, nin a Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia as atenden.

Agora que, de novo, volven ter o depósito practicamente baleiro, están "fartos" e denuncian o "ninguneo" que sufran. Quéixanse de que "todos se desentenden" duns danos que lles xeran importantes prexuízos. 

Catro familias abastécense de auga desta traída e, ata o inicio das obras da A-57, nunca tiveran problemas. Todo comezou durante a realización das obras de desmonte, mediante voaduras con explosivos, para a construción da autovía. 

Durante as obras, producíronse danos no manancial de auga pertencente a esta comunidade, e alertaron á empresa adxudicataria das obras, Construtora San José. Repuxo a tubaxe desde un novo manancial ao depósito desde o que se distribúe auga ás vivendas. 

Con todo, os problemas non terminaron aí e empezaron a detectar perda de auga no depósito, co consecuente problema de subministración. O depósito baléirase por esas perdas e "non chega a auga ás vivendas, coma se producíase con anterioridade ao desenvolvemento da obra". 

Os veciños afectados fixeron constar esta situación en queixas tanto verbais como por escrito á empresa San José e tamén contrataron a un perito que emitiu un informe que conclúe que os danos existentes son "greta múltiple en paramentos verticais e horizontais interiores" e que son "debidas ás vibracións por explosións realizadas na contorna próxima en datas pasadas".

Á vista deste informe pericial e das súas propias demandas, os veciños enviaron un escrito a Carreteras do Estado pedindo á Administración, "como promotora das obras descritas, causantes do dano para reparar o depósito afectado" a realizar un novo "o máis axiña posible" para poder ter a subministración de auga nas vivendas afectadas. 

O informe e a solicitude son xa de hai un ano e seguen sen resposta. Durante o inverno, dado que hai gran cantidade de auga que entra ao depósito, adoitan ter a subministración de auga garantida, pero no verán, en canto empeza a chover menos, empezan os seus problemas. Nestes momentos, apenas teñen reservas. 

Arquivado en