Farán probas PCR a todos os pacientes e o persoal do Provincial tras o gromo en Oncoloxía

Pontevedra
22 de outubro 2020

Cortar a cadea de contaxios e detectar a posibles novos positivos. É o obxectivo que se marcou a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que ordenou realizar un cribado masivo entre todos os pacientes e o persoal do Hospital Provincial

Test PCR no recinto feiral Mónica Patxot

Cortar a cadea de contaxios e detectar a posibles novos positivos. É o obxectivo que se marcou a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que ordenou realizar un cribado masivo entre todos os pacientes e o persoal do Hospital Provincial.

Esta decisión é consecuencia do gromo detectado nunha das plantas do servizo de Oncoloxía, que segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde, afecta xa a 23 persoas.

As probas comezáronse a realizar nas últimas horas, aínda que por agora se descoñece o resultado que arroxaron entre os pacientes e traballadores que xa teñen feita a PCR.

ACTUACIÓN EN ONCOLOXÍA

Con respecto á situación en Oncoloxía, a área sanitaria explica que mantén activo o protocolo covid. A área de hospitalización de Oncoloxía 2 mantén as súas dependencias sen pacientes para continuar co proceso de limpeza e desinfección de habitacións, espazos comúns e zonas que utilizan os profesionais, traballos que se prevén remate ao longo da fin de semana para dispoñer de novo das instalacións asistenciais.

Os pacientes positivos que estaban ingresados nesta área do servizo de Oncoloxía foron trasladados a unidade covid de Montecelo para poder realizar un seguimento clínico constante da súa evolución. O resto dos afectados por este gromo continúan illados nos seus respectivos domicilios.