Falece un traballador nun accidente laboral en Marcón

Pontevedra
14 de agosto 2024

O operario perdeu a vida ao caer dunha altura duns 20 metros mentres traballaba nunha nave situada no lugar de Pazos, arredor das 08.00 horas deste mércores. Os servizos de Urxencias Sanitarias achegáronse ata o lugar pero foi imposible reanimar a vítima.

Instalacións do servizo de Emerxencias 112 Galicia Emerxencias 112 Galicia

Na mañá deste mércores, 14 de agosto, un operario perdeu a vida ao caer dunha altura duns 20 metros mentres traballaba nunha nave situada no lugar de Pazos, na parroquia pontevedresa de Marcón.

A vítima era de Mourente e tiña 46 anos, segundo fontes do Concello de Pontevedra. Traballaba para unha subcontrata de Hierros Durán.

O accidente, que ocorreu arredor das 08:00 horas, supón a segunda morte en Galicia por causas semellantes nas últimas horas.

Segundo informaron desde o 112 Galicia, o traballador, pertencente a unha empresa de reformas e servizos, subiu a unha estrutura elevada antes de sufrir a fatídica caída.

O aviso inicial chegou ao 112 desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou unha dotación ao lugar, pero lamentablemente os esforzos por reanimar o operario resultaron inútiles.

Ante a gravidade do suceso, solicitouse a intervención das forzas da orde, incluíndo axentes da Policía Nacional e Local, para investigar o ocorrido e recoller toda a información pertinente.

Trátase dunha persoa moi coñecida na parroquia de Mourente, como indicaba o alcalde de Pontevedra, quen lamentou profundamente este tráxico accidente laboral.

O acto de despedida terá lugar no salón de actos do Tanatorio Pontevedra da funeraria San Marcos o xoves día 15 ás catro e media da tarde.

SEGUNDO ACCIDENTE LABORAL NAS ÚLTIMAS HORAS

Este tráxico incidente súmase ao falecemento doutro operario na xornada do martes en Santiago, en circunstancias similares, cando o traballador, natural de Marín, caía dunha altura de 10 metros, na estrada da Coruña,

home falecido neste accidente laboral, de 38 anos de idade, será enterrado este mércores no cemiterio municipal da Raña.

O funeral está previsto ás 17.30 horas no Templo Novo de Marín.