Un home de 90 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra acaba de falecer por covid-19, elevando a 195 o total de vítimas mortais do virus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, o home estaba ingresado no hospital, pero procedía da residencia de maiores Soremay de Pontevedra.
A Consellería de Sanidade confirmou o pasado 9 de agosto que había cinco usuarios da residencia Soremay contaxiados por covid-19. Este sábado 21, segundo as mesmas fontes, hai só catro usuarios que dan positivo no virus tras retirarse do cómputo unha persoa.
O Sergas confirmou este sábado que dúas persoas faleceron por coronavirus nas últimas horas en Galicia, ambas as con patoloxías previas á covid-19. Ademais do falecido en Pontevedra, confírmase que un home de 80 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).