Falece o empresario Tito de la Peña

Pontevedra
15 de outubro 2024
Actualizado: 24 de decembro

Foi un empresario moi coñecido grazas ao éxito do establecemento de perfumería situado na rúa Oliva. Tamén foi un home vencellado ao mundo do deporte e formou parte da corporación municipal formando parte do grupo do PP que lideraba Juan Luis Pedrosa

Tito de la Peña Óscar Amoedo

O empresario pontevedrés Enrique de la Peña Viéitez, coñecido como "Tito de la Peña", falecía aos 84 anos, nas últimas horas, como consecuencia dunha longa enfermidade.

Tito de la Peña era coñecido como un emprendedor que no ano 1976 creou a sociedade Godoy - Tito de la Peña

En 1988, xa de maneira independente, abría a súa primeira tenda baixo o nome 'Tito de la Peña' na rúa Oliva, número 2, un establecemento de perfumería, alta cosmética e complementos, que finalizaba a súa andaina en abril deste 2024.

Tito de la Peña en AEMPE, cuarto pola esquerda  AEMPE

Era un cidadán moi coñecido debido a súa implicación en numerosas actividades sociais e deportivas. Foi xogador da Sociedade Deportiva Teucro.

Además exerceu como concelleiro do Partido Popular no grupo municipal que encabezaba Juan Luis Pedrosa, ex alcalde de Pontevedra.

Tamén desenvolveu un papel relevante como directivo de AEMPE e da Cámara de Comercio e foi unha persoa altruísta que colaboraba con distintas ONGs.

Tito de la Peña, sentado tras Ricardo Mirón  AEMPE

O seu velorio permanece na Sala 3 do Tanatorio Pontevedra da Funeraria San Marcos.

O funeral está previsto para este mércores 16, ás 12.30 horas, na igrexa de San Xosé de Campolongo.