'Falando galego' entre o Támesis e o Lérez

Pontevedra
15 de maio 2014

120 escolares dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Lérez, Xeve, Parada-Campañó e o Colexio Cañada Blanch de Londres visitaron a cidade esta xoves 15 dentro do proxecto audiovisual de fomento do uso da língua galega 'Ponte a Londres'

Escolares do Cañada Blanch de Londres visitan Pontevedra Mónica Patxot

Cento vinte escolares iniciaron en xaneiro as actividades do programa 'Ponte a Londres', un proxecto que ten como obxectivo impulsar o uso da lingua galega entre os alumnos e, sobre todo, como ferramenta ligada a Internet. Nesta iniciativa participan os centros de Educación Infantil e Primaria de Lérez, Xeve, Parada-Campañó e do colexio Cañada Blanch de Londres.

O encontro durante este xoves 15 tiña como aliciente que era a primeira vez en que estes novos estudantes se vían en persoa despois de pasar varios meses comunicándose a través da rede.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibíaos e a continuación, os alumnos de percorrían o roteiro Castelao e visitaban o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Durante a tarde, tras unha comida na Illa das Esculturas, visitaron ao castro e ao museo de Santa Tegra e Combarro.

O programa Ponte a Londres promove a lingua galega a través de conversacións e narración multimedia entre escolares de quinto e sexto de primaria dos centros escolares de Pontevedra e do Cañada Blanch londiniense. As propostas recóllense no blog didáctico Pontealondres. Agora realizarase un documental no que se conte todo o proceso deste labor creativo.