'Fajitas' de mexillón gourmet Pescamar

Pontevedra
27 de outubro 2018

Desde as cociñas do Carlos Oroza propóñennos unha suxestiva receita que mestura os prezados mexillóns das costas galegas coa a mellor tradición da cociña mexicana

'Fajitas' de mexillón gourmet Pescamar CIFP Carlos Oroza

Cada última fin de semana de mes, "A cociña gourmet en conserva" volve ás aulas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.

Alumnos e profesores únense para crear unha receita onde os productos gourmet de Conservas Pescamar son os protagonistas.

Nesta ocasión, propóñennos unha suxestiva receita que mestura os prezados mexillóns das costas galegas coa a mellor tradición da cociña mexicana.

Para preparar esta deliciosa receita de'Fajita' de mexillón gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- Lata de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- Cebola vermella (preparada á xuliana fina, 0.5 peza)

- Cebola (á xuliana fina, 0.5 peza)

- Pemento vermello (á xuliana fina, 20 gr)

- Pemento amarelo (á xuliana fina, 20 gr)

- Aceite de Oliva (2 culleradas)

- Sal (1 chisco)

- Comiños (1 chisco)

- 'Fajitas' (2 pezas)

- Aguacate (en dados, 50 gr)

- Tomate natural (pelado e cortado en dados, 50 gr)

- Cóengos (10 gr)

 

Elaboración do recheo das 'fajitas':

-  Rehogamos no aceite as cebolas e os pementos. Sazonamos con sal e comiños. Engadimos a metade do escabeche da lata. Reservamos.

- Mesturamos o tomate e o aguacate. Sazonamos con sal, pementa e unhas pingas de zume de limón.

- Lavamos os cóengos.

Terminación:

- Quentamos as 'tortitas' lixeiramente nunha tixola.

- Realizamos un cornete coa 'tortita' e enchemos como se indica a continuación.

- No fondo poñemos un pouco de refogado de cebolas quente ben escoado.

- Engadimos tomate e aguacate.

- Sobre isto, poñemos os mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar e os cóengos.

- Aderezamos cun pouco de escabeche.

Presentación:

- Podemos realizar uns cornetes de cartón para que nos axuden de soporte á hora de aguantar a 'tortita'.

- Podemos mesturar todo o recheo e servir por unha banda o recheo e por outro as 'tortitas' quentes a modo de 'tacos mexicanos'.