Fabas con mexillóns gourmet de Conservas Pescamar

Pontevedra
21 de outubro 2017

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos moluscos máis prezados e saborosos das Rías Galegas: os mexillóns.

Fabas con mexillóns FROM

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un dos moluscos máis prezados e saborosos das Rías Galegas: os mexillóns.

Os mexillóns gourmet Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar unhas deliciosas Fabas con mexillóns gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 400 gramos de fabas

- 2 latas de mexillóns gourmet PESCAMAR

- 1 cebola

- 2 cenorias

- 1 pemento vermello

- Medio pemento verde

- Caldo de peixe

- Pemento doce

- Sal

- Aceite de oliva virxe extra

- Perexil

- Ceboliño

Preparación:

Picamos a cebola, as dúas cenorias, o pemento vermello e o medio verde. Poñemos as verduras nunha cazola con aceite a lume medio. Engadimos unha culleradiña de pemento doce.

Cando empecen a pocharse, incorporamos o caldo de peixe e as fabas. Cociñamos a lume lento.

En canto se acheguen as fabas ao seu punto de cocción, vertemos as dúas latas de mexillóns gourmet Pescamar sen a salsa. Mesturamos con coidado para non rompelos. Rectificamos de sal e deixamos repousar coa cazola tapada.

Para servir este prato, podemos facelo directamente na cazola ou ben envorcalo nunha bandexa suficientemente fonda. En ámbolos dous casos, espolvoreamos con perexil picado e uns fíos de ceboliño.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.