Fabas con berberechos ao estilo gourmet de Conservas Pescamar

Pontevedra
26 de outubro 2016

PESCAMAR selecciona berberechos só das Rías Galegas, onde alcanzan grandes poboacións, e recóllense de xeito artesanal mediante o marisqueo a pé e a flote.

Fabas con berberechos ao estilo gourmet de Conservas Pescamar Conservas Pescamar

Chegamos á cuarta entrega de "A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das conservas PESCAMAR e un dos produtos estrela de Galicia: o berberecho.

PESCAMAR selecciona berberechos só das Rías Galegas, onde alcanzan grandes poboacións, e recóllense de xeito artesanal mediante o marisqueo a pé e a flote.

Este molusco posúe un alto contido en ferro, o que o converte nun grande aliado fronte á anemia. Ademais, achega proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, convérteno nun alimento ideal nas dietas de adelgazamento.

Para preparar unhas saborosas fabas con berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR e gambas, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 tarro de fabas cocidas

- 1 lata de berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR

- Gambas frescas peladas

- Aceite de oliva virxe extra

- Ceboliña

- Allos

- Perexil

- Viño fino

- Sal e Pementa

Elaboración:

Escorremos das fabas a auga de conservación. Reservamos.

Poñemos un fondo de aceite nunha cazola. Sofritimos a ceboliña, 2 dentes de allo e un pouco de perexil. Todo previamente picado.

Cando a mestura estea ben refogada, incorporamos as gambas e salteamos.

Vertemos un chorro de viño fino e deixamos evaporar o alcol.

Engadimos a lata de berberechos ao natural das Rías Galegas PESCAMAR co seu mollo e as fabas reservadas.

Deixamos ferver o conxunto 5 minutos, movendo a tixola en círculos para que engorde a salsa.

Rectificamos de sal e servimos deseguido.

En poucos minutos, xa temos preparada unha receita exquisita que admite varias posibilidades: servida como entrante en cazolas individuais ou como prato principal. Nuns días, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas PESCAMAR.