Extinguido o incendio forestal de Ponte Caldelas tras calcinar unhas 600 hectáreas

Ponte Caldelas
07 de setembro 2013

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten informado da extinción do incendio forestal rexistrado no concello de Ponte Caldelas, que calcinou unha superficie estimada de 600 hectáreas.O lume, iniciado o mércores ás 20.25 horas na parroquia de Castro Barbudo, deuse por extinguido ás 13.00 horas deste sábado

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten informado da extinción do incendio forestal rexistrado no concello de Ponte Caldelas, que calcinou unha superficie estimada de 600 hectáreas.

O lume, iniciado o mércores ás 20.25 horas na parroquia de Castro Barbudo, deuse por extinguido ás 13.00 horas deste sábado.

Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase no ámbito das 600 hectáreas, das cales 550 son arboredos e 50 rasas.

Na extinción deste lume participaron tres técnicos, 31 axentes forestais, 91 brigadas, 34 motobombas, 10 pás, sete helicópteros e seis avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Arquivado en