Extinguido o incendio en Pontesa despois de tres semanas

Pontevedra
26 de novembro 2022

Dende o Concello déronselle instrucións á empresa Grupo Nogar para que mantivese unha liña de auga por prevención e tamén a vixilancia sobre as montañas de gran que se viron afectadas polo lume, xa que a responsabilidade da mobilización do gran corresponde á empresa  

Traballos de extinción do incendio de Pontesa Concello de Pontevedra

Este sábado, 26 de novembro, os bombeiros de Pontevedra deron por extinguido o incendio de Pontesa. 

Segundo comunican dende o Concello de Pontevedra, "considéranse extinguidas as lapas que provocaban a emerxencia".

Estas mesmas fontes oficiais sinalan que dende o Concello déronselle instrucións á empresa Grupo Nogar para que mantivese unha liña de auga por prevención e tamén a vixilancia sobre as montañas de gran que se viron afectadas polo lume, xa que a responsabilidade da mobilización do gran corresponde á empresa.

O Concello agradeceu a colaboración da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) polo aporte de dúas cisternas e do seu persoal durante todo este operativo. 

Hai que lembrar que o incendio comezou o pasado 6 de novembro. Tres semanas despois, o Concello de Pontevedra dá por concluído do dispositivo de emerxencia.

 

 

Arquivado en